- Artículo
- Empresas
- Primeiros pasos
- Enviar diñeiro
Límites e condicións de Bizum para empresas
Antes de comezar
Bizum ten solucións específicas para empresas e profesionais. Antes de activar o servizo, fala co teu banco para coñecer as condicións e os pasos de contratación e integración.
Os límites entre particulares non son os do teu comercio
Os límites de importe e número de operacións de Bizum entre particulares non se aplican ás compras en comercios.
Bizum non establece límites para os pagamentos en tendas en liña e establecementos, aínda que cada entidade bancaria pode fixar os seus para a súa clientela, como sucede con outros métodos de pagamento, segundo o seu perfil financeiro.
En ningún caso, o teu negocio terá límites de recepción, nin en número de pagamentos nin en contía. Bizum xa está dispoñible nun gran número de comercios de todo tipo, cun importe de gasto medio alto, como son viaxes, decoración, electrónica, etc.
Unha solución para a túa actividade profesional
Para cobrar pola túa actividade, utiliza as solucións específicas de Bizum para empresas e profesionais.
O servizo de envío e solicitude de diñeiro dun número de móbil a outro está reservado a particulares e conta con límites de seguridade, tanto de envío como de recepción.
Cada negocio ten as súas condicións
Fala co teu banco para coñecer as condicións comerciais e contratar o servizo. Se tes contratado un servizo tecnolóxico, como unha pasarela de pagamento, consulta co teu provedor posibles condicións especiais. Estas son as tres cuestións clave antes de comezar.
-
A solución para o teu negocio
Consulta as opcións para cobrar en liña, no teu establecemento ou pola túa actividade profesional, ou para pagar promocións, premios e reembolsos.
-
As condicións comerciais
Solicita ao teu banco as condicións aplicables ao teu negocio, incluídos os custos do servizo.
-
A integración do servizo
Confirma os pasos para habilitar Bizum. O teu banco e, cando corresponda, o teu provedor tecnolóxico indicaranche como incorporalo.
Cos mesmos mecanismos de protección e disputa que xa coñeces
Tanto o teu negocio como a túa clientela estades protexidos por mecanismos de devolución e de disputa. Pagar con Bizum non cambia a política de devolucións do teu comercio:
As solicitudes xestiónanse segundo as condicións de compra e, unha vez aprobada e tramitada a devolución, o importe chega de forma inmediata á conta da persoa que realizou o pagamento. Para coñecer os procedementos aplicables ás disputas ou incidencias cos pagamentos, consulta coa entidade bancaria coa que contratases o servizo.
Descárgao, consúltao,
téñeo a man
-
Normas de Bizum
-
Mecanismos de disputas
-
Solicita adhesivos para o teu establecemento
Ver
Máis novidades,
porque isto non para
-
Bizum internacional: todo o que necesitas saber
Sabemos que Bizum é un proxecto moi querido, tanto dentro como fóra do noso país. E isto, querido Bizumer, vímolo vir. Por iso, dende as orixes da súa creación, traballamos tendo en conta unha visión internacional de Bizum. Para que coñezades todo o que hai que saber sobre Bizum International, preparamos este artigo onde falamos […]
Ver máis -
Quen inventou Bizum? Contámosche a historia
Querido Bizumer, lamentamos, pero non podemos atribuír o mérito do mellor invento do século a unha soa persoa. E Bizum non é idea de ninguén, é de todos, é froito da colaboración de todo un sector. Xa en 2015, 20 entidades bancarias españolas xunto coas súas 3 asociacións (AEB, CECA e UNACC) e as 3 […]
Ver máis -
Canto tempo tarda en chegar un bizum? Tan rápido que nin o ves vir!
Seguro que en máis dunha ocasión te preguntaste canto tarda en chegar un bizum. Pois prepárate para sorprenderte, porque a resposta é: menos de 5 segundos! Si, leches ben. Menos de 5 segundos. Enviar un Bizum é tan rápido que poderías dicir que o diñeiro se “teletransporta” dunha conta a outra en cuestión de segundos. […]
Ver máis